A Radio dos Mini Isaac Junior - Programa especial do Club de lectura Detectives de libros - Bruxas e Dragóns
Neste programa especial, Leticia, Martina e Daniela (de 5º de primaria), e Aarón, Alba e Yago (de 6º de primaria), que participan no club de lectura, conversan arredor do funcionamento do club e do penúltimo libro deste curso: Bruxas e Dragóns, de Ledicia Costas e Luismi Pérez, ilustrado por Bea Gregores e publicado pola editorial Triqueta Verde. Este libro ten unha característica especial, é un libro-xogo, no que podes ir escollendo a túa aventura. Estamos rematando este curso, pero o próximo tes unha nova oportunidade de sumarte ao noso club. Animádevos, agardámosvos! 😄